versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Dous raios orixinan danos nunha escola e en casas de Brión

[05/11/2014]

O goberno local ordenou o arranxo dos danos e dos servizos afectados. A caída de dous raios na aldea de Luaña, en Brión, causou onte diversos danos materiais nas vivendas situadas no contorno da igrexa. Un dos raios, que caeu pasadas as 11 da mañá, queimou o router e un dos computadores da escola unitaria de Luaña. Un segundo raio fixo saltar, cara ás 12.30 horas, todas as chaves de teléfono, tanto da escola como das vivendas do ao redor.

Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais en ningún dos dous casos. O alcalde brionés Xosé Luís García e a policía municipal desprazáronse até a zona tras ser avisados do que estaba a ocorrer pola mestra da escola de Luaña.

Moito ruído

Tras chegar á escola infantil comprobaron que os nenos se atopaban perfectamente e que viviran a situación con total calma. Unha das nenas comentou durante esa visita do rexedor que o segundo dos raios, o que afectou os teléfonos, «fixo moito ruído e tirou todo polo chan». Outros nenos fixeron referencia á granizada caía á primeira hora: «Púxose todo branco», indicou.

Xosé Luís García tomou nota dos danos causados pola tormenta na escola infantil de Luaña e deu orde xa de que onte mesmo se desprazase un técnico municipal para arranxar os danos.

Ao propio tempo, indicoulle á policía municipal que elaborase un informe sobre o ocorrido a fin de remitirllo á compañía telefónica, co obxecto de facilitarlles as xestións aos veciños que teñan que reclamar polos danos sufridos.

Por sorte só trátase de danos materiais, aínda que foi inevitable o susto ante a acción dos raios.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion