versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Un incendio destrúe un almacén de xeados no que non había empregados

[14/11/2014]

Un incendio destruíu onte por completo un almacén de xeados situado en Gronzo, na parroquia de San Fins, no concello de Brión. O lume iniciouse ás 13.20 horas no tellado da nave, propiedade da empresa Grupo Bacoga Galicia, S.L., e estendeuse con rapidez ao resto da estrutura. Afortunadamente, o edificio estaba baleiro nese momento, polo que non houbo que lamentar danos persoais. Os bombeiros de Santa Comba, Boiro e Santiago e membros do Grupo de Emerxencias (GES) de Brión foron mobilizados para extinguir as chamas, e tamén o foron a Garda Civil e a Unidade de Apoio Loxístico de Axega. A gran columna de fume que se produciu obrigou a desaloxar dúas vivendas lindeiras co inmoble afectado polo incendio, en cuxo interior había varios vehículos que tamén resultaron danados.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion