versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión recupera para este fin de semana o primeiro festival Monecadas

[11/07/2014]

O Concello de Brión incluíu na súa programación de cultura un festival de monicreques, denominado Monecadas, que nun principio se ía a celebrar na carballeira de Santa Minia o pasado fin de semana, pero que o mal tempo obrigou a pospor.

O festival arrinca hoxe na carballeira de Santa Minia, un espazo natural con actividades tamén para mañá e o domingo. A iniciativa, explica o Concello, «combina obradoiros para os máis pequenos con actuacións de importantes compañías de monicreques como Monicreques Cachirulo, A Xanela do Maxín e Monicreques Alakrán». Todas as sesións son gratuítas.

O programa desta tarde comeza ás 18 horas coa representación de Pinocho por parte de Monicreques Cachirulo. O seu espectáculo está dirixido a nenos maiores de 3 anos. Mañá á mesma hora represéntase Só lles falta falar, da Xanela do Maxín. O domingo a sesión é matutina (13 horas) e correrá a cargo de Monicreques Alakrán, coa súa proposta Pekeno Kabaret de tolos.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion