versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Deputación financia obras na rede viaria e en parques infantís de Brión

[10/07/2014]

O Concello brionés e a Deputación asinaron catro convenios de colaboración por 105.000 euros que permitirán financiar varias obras. O groso da achega provincial servirá, segundo desvelou onte a Administración local, para melloras na rede viaria e dous parques infantís.

Os proxectos de posta a punto da rede de comunicacións, por un montante de 48.047 euros, inclúen as pistas entre Tremo e O Cabo, entre Piñeiro e Sanín e na zona da Graña. A intervención abarca a limpeza de cunetas e o tratamento superficial do firme con rega asfáltica en varios puntos das parroquias de Cornanda e Os Ánxeles.

No campo da seguridade viaria, un dos convenios permitirá instalar reductores de velocidade nun tramo da estrada entre Brión e Rois á altura de Bastavales.

«Pretendemos mellorar a seguridade da vía, mantendo unha velocidade de circulación reducida ao longo de todo ou tramo e protexer os paseos peonís instalando catro redutores de velocidade preto dás marquesiñas de autobuses e onde se situan os pasos de peóns», explica o rexedor brionés, José Luís García, tras a firma dos convenios, rubricados polo presidente da Deputación, Diego Calvo.

O rexedor tamén valorou positivamente estes compromisos porque permiten ao Concello «cubrir necesidades moi importantes para os veciños nun momento moi difícil para nós».

O acordo entre ambas as administracións financiará obras de seguridade de dous parques infantís situados na rúa Tarrío e preto do campo de fútbol, cun investimento de máis de corenta mil euros. O proxecto consiste na substitución do pavimento de area por un de chan continuo de caucho.

O Concello poderá enmendar con estes fondos filtracións na praza do Concello con cambios no sistema de canalización de pluviais. Esta intervención permitirá tamén eliminar problemas de humidade na Casa Consistorial e no espazo subterráneo habilitado como aparcadoiro.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion