versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Traballo achegará 145.000 euros ao plan laboral que comparten Ames e Brión

[04/07/2014]

A Consellería de Traballo financiará, un ano máis, o programa de fomento do emprego InserAmes-Brión, coa novidade de que o alumnado que finalmente participe nos programas de formación deberá superar un programa de once meses.

A achega autonómica a este proxecto ascende a 145.0000 euros, segundo avanzou onte o Concello amiense, ao que a Xunta confirmou a asignación de fondos. Esta partida supón o 80 % do custo total, correspondéndolle aos concellos sufragar os 36.144 euros restantes nunha parte proporciona ao número de alumnos.

Ambos os concellos ofertarán oitenta prazas, con prioridade para os menores de 30 anos que estean en paro e sen cualificación profesional, aínda que a inscrición tamén está aberta a colectivos con especiais dificultades para acceder a un posto de traballo.

O obxectivo do programa é conseguir unha inserción laboral de polo menos o 35 %.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion