versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Vázquez Castro: -Os pintores cataláns vanse impresionados trala súa visita a Brión-

[30/06/2014]

«Os pintores cataláns vanse impresionados trala súa visita a Brión, sorprendéronlle moito as paisaxes nas que traballaron e a hospitalidade que temos aquí, eles van máis por libre». Así resumía Xosé Vázquez Castro, comisario do Encontro coa Arte. De l'Empordà a Galicia, as sensacións que lle trasladaron a decena de artistas mediterráneos que participaron os últimos tres días nestas xornadas de convivencia xunto a outros doce de autores galegos. «É un intercambio cultural e artístico, onde aprendemos uns dous outros. Ademais, a maior parte de nós somos pintores de estudo e sacarnos fóra, para traballar a ceo descuberto, é un logro e toda unha experiencia», engadiu o comisario e artista afincado en Brión.

O batallón de artistas trasladouse nesta ocasión até a contorna natural de Ponte Maceira (Ames), a parroquia de Bastavales e o paseo do río Pego, en Pedrouzos (Brión). Boa parte dos cadros realizados "a maioría en acrílico e acuarela por ter un secado máis rápido" serán doados á pinacoteca municipal, que a través da iniciativa reuniu neste nove anos preto de duascentas obras que reflicten unha visión de practicamente todo o concello. O próximo ano, coincidindo coa décima edición, realizarase unha exposición de todas elas.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion