versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Cataluña pinta a Rosalía dentro do Encontro coa arte

[29/06/2014]

Vinte e dous creadores, doce deles galegos, interpretan desde Brión o río Pego, igrexa de Bastavales e Ponte Maceira. O IX Encontro coa Arte de Brión tivo un innegable sabor catalán, participando 10 artistas dese país e unha ducia da terra do mil ríos, o que lle valeu incorporar ao membrete do foro a lema "De l'Empordà a Galicia". E non é para menos, porque ademais de interpretar algúns dos enclaves rosalianos do municicipio amaiano, como a igrexa de Bastavales, tamén ofreceron a súa visión da Ponte Maceira e hoxe farán o propio co paseo do río Pego. Onte, ademais, inaugurábase na casa da cultura a mostra coas obras da Trobada d´Art. De l´Empordá a Galicia, que contou o ano pasado con dez artistas galegos e poderase ver até o 18 de xullo.

E era o rexedor brionés, José Luís García, o encargado de dar, xunto á edil de Cultura Patricia Vázquez, a benvida aos artistas cataláns, acompañados pola primeira tenente de alcalde de Castell-Platja D'Aro (Girona), Dolors Guirado, e o concelleiro de Cultura, David Prohias. Así, García desexou que "Brión vos inspire tanto que esa soidade da que falaba Rosalía vos faga volver en máis dunha ocasión. As portas deste concello estarán sempre abertas para todos vós". E é que a presenza de Rosalía foi unha constante na edición 2014, a pesar de que, a diferenza doutros anos, non se homenaxeou a ningún ilustre escritor para centrarse "nesa relación Cataluña-Galicia". "A nosa máis insigne poetisa colóusenos nestes encontros case sen querer", apuntaba o mandatario brionés facéndose eco do espectáculo A miña primeira Rosalía celebrado o venres "día no que arrincaba o encontro", no que os asistentes puideron gozar das voces de Xiana Lastra, María Manuela, así como das de Mini e Mero. Ademais, a comitiva visitaba onte A Matanza en Padrón.

Pola súa banda, Guirado destacou que "o intercambio cultural é a base do irmandamento dos pobos, pois é o espazo onde é posible a comunicación". Os encontros brioneses naceron con dobre finalidade. Por unha banda, servir como punto de encontro para que artistas de distintos lugares puidesen compartir experiencias e tamén difundir a arte entre os veciños, á vez que o Concello engrosa a sua pinacoteca.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion