versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Vinte pintores de Cataluña e Galicia acudirán ao Encontro coa Arte de Brión

[26/06/2014]

Un total de 22 artistas, dez deles procedentes de Cataluña, participarán na novena convocatoria do Encontro coa Arte. De l'Empordà a Galicia, que se celebrará este fin de semana en Brión.

Este intercambio cultural derivou o ano pasado na firma dun convenio de colaboración asinado entre o Concello brionés e a localidade xerundense de Castell-Platja d´Aro. Grazas a este acordo, un grupo de artistas galegos viaxou na primavera do 2013 a Cataluña par participar na Trobada d'Art. De l'Empordà a Galicia. Por iso é polo que o encontro en Brión manteña o mesmo nome, pero coa presenza de artistas cataláns no municipio, no que convivirán durante todo o fin de semana.

Esta edición comezará cunha recepción oficial ás 13 horas no Concello. Xa pola tarde, os artistas trasladaranse até a contorna de Ponte Maceira para o primeiro día de sesión de pintura ao natural. Esa mesma noite participarán nun concerto.

A xornada do sábado permitirá aos artistas coñecer a parroquia de Bastavales, o que posibilitará que os artistas plasmen no lenzo os mesmos escenarios que inspiraron a Rosalía de Castro. O domingo, os talleres de pintura ao natural estarán no paseo do río Pego.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion