versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A obra de abastecemento de auga de Ames e Brión pagarase en dous anos

[21/06/2014]

Augas de Galicia autorizou que a parte do financiamento a cargo dos concellos de Ames e Brión para a execución do proxecto de abastecemento de auga se reparta entre as anualidades 2013 e 2014. Esta petición fíxose, segundo fontes municipais do Concello de Ames, debido ás dificultades económicas de ambos os concellos para facer fronte aos pagos nunha única factura. Tamén, tras unha negociación cos responsables de Augas de Galicia, a cantidade que tiña que abonar Ames pasou de 819.393 euros a 400.000 euros, que se repartirán entre 300.000 e 100.000 euros no 2013 e 2014, respectivamente. Esta nova repartición e a variación da cantidade deberá ser aprobada no pleno municipal ordinario da próxima semana.

Deste asunto deuse conta na comisión informativa de onte previa ao pleno ordinario, que reúne ao equipo de goberno e da oposición municipal. Nesta mesma reunión deuse conta da necesidade de expropiar, por vía de urxencia, outra leira non prevista inicialmente, pero que é indispensable para acometer o proxecto do abastecemento de auga de Ames e Brión.

Tamén se aprobou inicialmente o regulamento do servizo municipal de transporte adaptado do Concello.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion