versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión esixe por unanimidade a reposición inmediata da matrona

[19/06/2014]

O Concello de Brión aprobou onte por unanimidade a proposta encabezada polo rexedor, José Luís García, (PSOE) para esixir á Consellería de Sanidade e ao Sergas que cubra por vía de urxencia o posto de matrona no centro de saúde de Pedrouzos e que este servizo se preste como até agora, cunha profesional a tempo completo.

Na actualidade, a xubilación da titular da praza brionesa provocou que o Sergas establecese que a matrona asignada ao centro de saúde de Milladoiro (Ames) se desprace dous días á semana a Brión para pasar consulta.

García considera que o ocorrido «é impropio do século no que vivimos» e engadiu que «se o Sergas non resolve ou problema de Brión, tamén estaría a crear outro problema no Milladoiro, onde as mulleres desta localidade tamén quedarán en situación precaria». O Concello brionés remitirá ao de Ames este acordo para, segundo anunciou García, «poder acordar medidas comúns diante dá Consellería de Sanidade».

Este asunto contou co voto explícito do grupo popular, cuxa portavoz, Mercedes Gloria Vázquez, afirmou que con esta medida «déixase ás mulleres de Brión en situación de desvantaxe fronte a outros concellos».

Ademais deste asunto, no pleno tomou posesión Ramón Carro Otero, como novo edil do Partido Popular en substitución de Mónica Pato.

O BNG presentou unha moción na que avogaba «polo dereito a decidir» o modelo de xefatura do Estado. PSOE e Partido Popular votaron en contra.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion