versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Sergas defende que Brión e Ames compartan matrona e di que non mingua o servizo

[11/06/2014]

Insiste en que ningunha brionesa terá que ir a Milladoiro e abre a porta a ampliar o horario no centro de Pedrouzos. O Sergas xustificou a decisión de que os centros de saúde de Milladoiro (Ames) e Brión compartan matrona en base ás estatísticas das consultas deste servizo en ambos municipios, polo que a xubilación da profesional de Brión non debe minguar o servizo.

Xerencia de Atención Primaria confirma que esta medida é provisional, xa que se tomou tendo en conta as cifras de actividade nos dous centros de saúde, e que se se demostra que é necesario incrementar presenza no municipio brionés, que coa nova repartición a matrona pasa consulta catro horas á semana, o Sergas está disposto a incrementar o tempo de consulta en Pedrouzos. Isto implicaría un recorte no centro de saúde de Milladoiro.

Sanidade insiste en que é a matrona a que se despraza a ambos os concellos, un cambio laboral aceptado pola profesional sanitaria que presta o servizo, o que implica que as usuarias non teñen que desprazarse até Milladoiro para as consultas. En canto a urxencias, Atención Primaria lembra que non se atenden no centro de saúde e engade que as pacientes tamén dispoñen do servizo de consulta telefónica recentemente instaurado.

García esixe que se cubra a baixa

O rexedor brionés, Xosé Luís García (PSOE), a quen o Sergas lle confirmou que incrementaría o servizo en Brión se fose necesario, recoñeceu que «agradecemos e valoramos ese ofrecemento, tamén lles trasladei que seguimos mantendo a nosa demanda de que Brión ten que contar cunha matrona no centro de saúde e que a atención sanitaria á cidadanía non pode ser motivo de recortes».

García explicou que, segundo o Sergas, a matrona de Bertamiráns non pode atender Brión por «sobrecarga» do seu servizo e segundo o alcalde o número de mulleres fértiles de Brión supera ao da capital amiense.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion