versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A demora no arranxo do CEIP de Brión: urxencia -versus- seguridade educativa

[07/06/2014]

O debate pola demora en arranxar o CEIP brionés de Pedrouzos chegaba ata as comisións do Parlamento de Galicia, preguntando a deputada do BNG, Ana Pontón, ó secretario xeral de Educación, Jesús Oitavén, pola falla de actuacións. Deste xeito, a parlamentaria lamentaba a existencia “de moitos centros con problemas graves”, enumerando os desperfectos do de Brión: dende pingueiras xeralizadas ata falsos teitos deteriorados, tubaxes con ferruxe ou o ascensor inutilizado. E o secretario xeral recollía a luba, coincidindo coa enumeración de Pontón dos males que toman o colexio. Sen embargo, asegurou que non se porían mans a obra antes de xullo por motivos de “seguridade”, coa idea de rematar a reforma en menos de dous meses. Pero non foi quen de respostar a interpelación de Pontón: “Que faría vostede se o seu despacho tivera pingueiras”.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion