versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Catro talleres de emprego chegarán a sete municipios

[03/06/2014]

Beneficiarán a 84 persoas de Santiago, Ames, Melide e a comarca de Barcala. Catro talleres de emprego beneficiarán a 84 persoas de sete municipios da área de Santiago, confirma a Consellería de Traballo.

Un celebrarase en Ames. Centrarase na especialidade de traballos forestais e destínase a 22 alumnos de Ames e Brión. Esta actividade anunciouna a conselleira Beatriz Mato, quen participou na clausura do programa integrado para o emprego InserAmes Brión, no que participaron 80 persoas e 23 conseguiron ocupación desde que comezaron as actividades, en novembro, segundo se indicou.

Ademais, aprobouse outro taller de emprego, para 23 alumnos, en Santiago, para as especialidades de dinamización turística, deseño de páxinas web e albanelaría. O terceiro, para 20 alumnos de Negreira, Val do Dubra e A Baña será sobre traballos forestais e de xardinaría. E outro se destinará a alumnado de Melide, 19 en total, e versará sobre atención sociosanitaria e xardinaría.

Nestas actividades Traballo inviste preto de 750.000 euros, informa a consellería.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion