versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

- Poremos en marcha hoxe unha Noite en branco para Brión cuns 70 músicos -

[23/05/2014]

A escola de música brionesa póra en marcha hoxe, entre as 22.00 horas e a medianoite, unha Noite en branco con setenta intérpretes que amosarán, xunto o director Carlos Pintor, as mellores pezas.

Como se lles ocurríu emular o que parecía reservado ás grandes urbes?
Coñeciamos experiencias similares en grandes capitais, como Berlín, Nova Iorque ou Madrid, e quixemos levala ao noso campo, a música, para ofrecela nos foros culturais do Concello de Brión, en Pedrouzos.

Onde e cando?
Son cinco actuacións, duns 15 minutos cada unha. Arrincarán ás 22.00 horas nas aulas da escola, e logo iremos á biblioteca, sala de exposicións, á escola de novo e, finalmente, remataremos no auditorio, cun gran concerto e xunto co Coro de Adultos. Cada recital ten, ademáis, unha temática, segundo as especialidades que impartimos: piano, vento-metal, vento-madeira, guitarra... con dúos, tríos e cuartetos ata chegar co mencionado concerto conxunto. O repertorio será clásico, aínda que haberá tamén algunha peza contemporánea, versións de ópera ou mesmo a banda sonora de Titanic.

E como vai a escola?
Empezamos no 2002, e eu levo desde o 2006 como director. Temos unha matrícula que supera os 180 alumnos, con oito docentes. Ademais, acadamos o grado de escola oficial no ano 2011.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion