versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Máis actividades da Feira do Libro para Brión con música, mostras e teatro

[22/05/2014]

Continúa o programa Feira do Libro Maio Cultural de Brión con música, teatro e mostras. Así, mañá chegarán os concertos de A noite en branco da Escola de Música ata a sala exposicións, a biblioteca ou o centro social polivalente a partir das 22.00 horas, mentras que Sarabela Teatro presenta O ovo máis bonito para alumnos de 3º Ciclo de Primaria do CEIP de Pedrouzos, a mediodía e no mentado polivalente.

O mércores 28 de maio, Trinketrinke Teatro porá en escena Aventuras na cociña, para alumnos do CEIP de Pedrouzos (ás 10.15 horas) e das escolas de Luaña, Os Ánxeles e Bastavales (a mediodía). O día 30, Migallas Teatro representa Os contos do chupete para rapaces da gardería. Do mesmo xeito, pero do 25 de abril ao 14 de maio, arrincará a mostra Cantargrafías, do IES Virxe do Mar de Noia, na sala de exposicións da casa da cultura e, do 30 deste mes ata o 13 de xuño chegará a exposición de pintura de Jesús Pereira Ríos Suly, con inauguración ás 20.30 horas na sala de exposicións da casa da cultura.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion