versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión destinará 156.000 € do plan provincial o mantenemento de pistas

[19/05/2014]

Os traballos, cunha duración 6 meses, mellorarán o estado de 29 camiños rurais. O Concello de Brión destinará os 156.099,98 euros do plan DTC 93 da Deputación da Coruña a traballos de mantemento nun total de 41 pistas rurais nas nove parroquias do municipio. Uns traballos que teñen un prazo de execución de 6 meses e que mellorarán o estado dos 29 camiños de terra máis utilizados do municipio así como doutras doce pistas de asfalto, de comunicación entre os diversos núcleos.

As actuacións sobre pistas de asfalto mellorarán un total de 6,622 quilómetros lonxitudinais e unha superficie de 25.381 metros cadrados, onde se realizarán tarefas de bacheo e asfaltado superficial mediante rego asfáltico, ademais da limpeza das pistas e das cunetas. As pistas de asfalto sobre as que se actuarán están situadas nas parroquias de Viceso (3), Os Ánxeles (1) e Bastavales (8), que se atopan desgastadas polo uso e con fochancas.

Así, en Viceso arranxarase a pista interior da aldea de Vilar e a pista entre o atrio da igrexa de Santa María de Viceso ata a estrada Urdilde-Negreira, así como a pista que comunica as aldeas de Forxán e Salaño.

Na parroquia dos Ánxeles, as actuacións centraranse na pista que une as aldeas de Pérros e de Gándara. Finalmente en Bastavales acometeranse oito obras de menor lonxitude para mellorar os accesos á aldea de San Salvador, e as pistas que unen as aldeas de Coruxido-Osebe, Agra da Gándara-Cirro, Cirro-Outeiro dos Ánxeles, Soutullos-Vilas, Bemil-Osebe, Casaldoeiro-Osebe e Romarís-Coruxido.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion