versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta suprime unha liña do metropolitano ao seu paso por Bastavales

[16/05/2014]

A medida supón nove frecuencias menos e non llo comunicaran ó Concello de Brión. A Dirección Xeral de Mobilidade vén de comunicarlle ao Concello de Brión que suprimirá a Liña 2 do tranporte metropolitano (Buxán-Rois-Estramundi de Arriba-Samil-Santiago), o que suporá nove frecuencias menos de servizo para os veciños.

A decisión foi aprobada en setembro de 2012 polo Consello Galego de Transportes pero “non se fixo pública ata o de agora, que os veciños volveron presentar unha queixa no Concello e nos deron esta semana a resposta”, explican fontes municipais. O rexedor, Xosé Luis García, considera que “a Xunta está a actuar con nocturnidade e aleivosía pois dende Mobilidade en agosto de 2012 dixeron que non habería supresión e un mes despois fallan a favor da empresa e non llo comunican a ninguén”. Ademais engade que o 9 de agosto de 2012 recibiron a resposta do subdirector de Ordenación de Transporte, Antón García, informando de que “se procedeu á reposición dos servizos suprimidos” e 40 días despois toman a decisión contraria. “É un novo exemplo de escurantismo co que se e tá a levar o me ropolitano”, asegurou o rexedor.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion