versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Premios na capital barcalesa e lírica en Brión no mes da literatura galega

[08/05/2014]

O concello amaiano tamén desfrutará dunha trintena de contacontos e teatro. O Concello de Brión vén de presentar o programa de actividades para a conmemoración do mes das Letras Galegas 2014, cunha trintena de contacontos, recitais de poesía, presentación de libros e representacións teatrais nas que participarán todos os nenos escolarizados no municipio. E en Negreira aproveitarán a víspera da efeméride para entregar os seus premios de contos e pintura-debuxo.

Destacar que, na capital barcalesa, haberá esa xornada (o vindeiro día 16) unha mostra de traballos, e a entrega de premios –tablets, MP3 e cámaras– chegará ao auditorio o vindeirodía 16, ás 20.00 horas. No que atingue ás citas brionesas, a primeira delas será o vindeiro venres ás 20.30 horas, na sala de exposicións municipal de Brión, que acollerá a presentación do libro Fóra de portas, unha biografía de Vidal Bolaño realizada polo seu fillo Roi Vidal Ponte. Un día despois, terá lugar a estrea da obra As Lisimacas, a cargo do Grupo de Teatro do IES de Brión, mentras que o venres 16 de maio, ás 20.30 horas, Jesús Pereira Ríos Suly inaugurará unha exposición de pintura que poderá visitarse na sala municipal de exposicións ata o 13 de xuño. E o domingo 18 de maio, ás 12.30 horas, Caramuxo teatro presentará As fabas máxicas.

Neste concello, do mesmo xeito, os escolares terán actuacións no auditorio do centro social polivalente. A primeira será a de Tim Bowley e Charo Pita, que darán o pistoletazo de saída o luns 12 de marzo, ás 11.20 horas, coa obra Dúas linguas, unha historia dirixida a alumnos do instituto de Brión.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion