versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

As demandas dos pais para arranxar o ruinoso colexio de Brión chegan ata o Parlamento e, con postais, ó conselleiro

[08/05/2014]

Ante a inactividade da Xunta para arranxar unhas deficiencias no CEIP de Pedrouzos (Brión) que a ANPA Andaravía consideran urxentes, os pais veñen de pór en marcha unha campaña para remitir postais cos desperfectos ao conselleiro de Educación. E, ó mesmo tempo, aplauden as visitas dos deputados de AGE e BNG ata o centro, froito das cales presentouse unha proposición non de lei en demanda da reparación dunhas deficiencias que tildan de “estruturais”.

Deste xeito, o grupo parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda pide que se traten en comisión unhas deficiencias nun centro con 25 anos de antigüidade que xa viu unha reforma integral na súa cuberta (a principios dos noventa) e a construcción hai cinco anos dun segundo inmoble no que tamén constataron “graves deficiencias”. E, ao respecto, a Consellería de Educación xaavanzara no seu día que acometería as reparacións... pero cando rematasen as clases, algo que os pais non admiten ante a urxencia da meirande parte delas.

Así, e no listado presentado por AGE no Parlamento demandando un estudio riguroso das instalacións máis unha folla de ruta nos traballos para adecentala, sulíñase que “o ascensor non é de uso doado e non cumpre coas normas de accesibilidade universal, xa que entra auga no seu oco interior”. Tamén revisaron as canalizacións, atopando que precisan “unha reforma total, para que non se volvan a dar episodios de rotura de latiguiños, que provocaron o asolagamento da primeira planta, co risco que iso representa para a estrutura de planta e para as canalizacións eléctricas”. En canto a devandita cuberta do centro, sobre as aulas de Primaria, lembran que é a orixe da “continua” entrada de auga.

Tampocuco se libra dos desperfectos a instalación informática do edificio, cuxo armario “está exposto ás filtracións de auga, co risco que iso representa para a seguridade do centro e dos nenos”. No que atingue á sala de usos múltiples, na que se serve a comida do programa de almorzo matutino que organiza a ANPA, e que tamén serve de ludoteca e de espazo para a ximnasia, “presenta unha importante fenda a través da cal entra un regueiro de auga que é freada coa instalación de cubos que son incapaces de ofrecer unha solución sobre todo durante unha noite de choiva”, O xerador “non se recepcionou, a pesar de que se calcula que se desbaldiron 60.000 euros públicos na súa instalación” e o depósito de gas non se usa, ante as fugas. Rematan referíndose aos aseos, sen adaptar, nun estado hixiénico deplorábel e desbordan óxido.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion