versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Aumentan os apoios contra a reforma do partido xudicial

[27/04/2014]

Negreira, Santa Comba, A Baña, Ames e Brión sitúanse de forma conxunta para o seu defensa. O apoio á permanencia do partido xudicial, tras o anteproxecto de Lei Orgánica ditado polo Goberno central para a súa modificación, gaña adeptos coa unión dos alcaldes dos Concellos de Negreira, Santa Comba, A Baña e Ames. Os rexedores José Rei, Antonio Landeira, José García Codesido e Santiago Amor mantiveron un encontro na capital barcalesa para axuntar esforzos.

Durante esta reunión acordaron situarse conxunta e publicamente en defensa da continuidade do partido xudicial de Negreira. Aínda que non estivo presente nesta xornada, o alcalde de Brión, José Luís García, tamén expresou o seu respaldo á iniciativa de demandar á administración central que "se garanta a existencia" deste órgano xudicial e téñanse en conta as particularidades e necesidades da comarca e os inconvenientes que se causaría aos cidadáns, por exemplo, provocando desprazamentos longos ás capitais de provincia.

O rexedor de Negreira, Juan Rei Maceira quixo deixar moi claro que "nos opoñemos a que desaparezan os xulgados porque sería un paso atrás" e que pretenden dotar de argumentos á Xunta de Galicia para "que nos defenda diante deste anteproxecto". Rei pensa que non existen razóns para que Negreira perda este servizo."Imos a loitar para que se manteña este partido xudicial e que se teña en conta a importancia deste servizo e criterios como o da dispersión" sinalou o rexedor xalleiro.

Na mesma liña expresáronse os rexedores da Baña e Ames. Este último, Santiago Amor, que até hai poucos anos pertenceu ao servizo do partido xudicial e que mantén tamén vinculación noutras cuestións administrativas.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion