versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O pleno de Brión apoia ao AMPA para esixir melloras no colexio

[17/04/2014]

O PP, disposto a manifestarse se a Xunta atrasa as obras prometidas. A Asociación de Nais e Pais de Alumnos Andaravía, pertencente ao colexio de Brión, conseguiu onte o apoio unánime da corporación, integrada por representantes do PSOE, PP e BNG, a todas as demandas de melloras no centro educativo, que ten graves problemas de filtracións e humidade, até o punto de que o ascensor do centro está inutilizado porque está completamente alagado.

Dous representantes da asociación de pais, María Bragaña e Loito Penabade, tomaron a palabra unha vez concluído o debate para trasladar aos grupos políticos que, aínda que a Xunta asume o compromiso de que as obras son necesarias e que as levará a cabo, as familias levan meses esperando a que Educación asuma as obras que se poden executar sen que afecte o clima.

O rexedor brionés, Xosé Luís García (PSOE) anunciou no debate que o executivo local asumía «punto por punto» todas as súas demandas. A portavoz do PP, Mercedes Gloria Vázquez, tamén trasladou o apoio do seu partido, e mesmo anunciou que se a Xunta non cumpre o compromiso de executar as obras, o seu grupo estaba disposto «a encabezar unha manifestación».

O edil do BNG, Xesús Pena, tamén expresou o seu apoio total ás reivindicacións dos pais e afirmou que a Xunta «é lenta, cicateira e mentireira», polo que instou á asociación a manter as súas reivindicacións.

Tras o apoio político, a asociación anunciou que utilizará fotografías que evidencian os danos do colexio para deseñar postais que entregarán na Xunta, como xa fixeron con pequenos anacos do colexio recolleitos naquelas zonas máis afectadas pola humidade.

Continúan as dimisións populares

Antes do acordo unánime da corporación, o pleno brionés tomou coñecemento da renuncia ao cargo de Mónica Pato, concelleira do PP, que se suma xa ás renuncias que meses atrás protagonizou a cabeza de lista Carlos Tomei e máis recentemente María del Mar Cobas Cajuso. Precisamente, onte tomou posesión o seu substituto no cargo, Saturnino Abate.

A renuncia de Mónica Pato, que asistiu ao comezo do pleno como edila e posteriormente continuou no mesmo desde os asentos do público, non será a última, xa que se dá por feito de que varios integrantes da candidatura do Partido Popular que poderían substituíla no cargo xa expresaron a súa intención a renunciar á acta de concelleira.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion