versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A ANPA do colexio de Brión logra o apoio unánime do goberno local

[17/04/2014]

No pleno de onte a concelleira do PP Mónica Pato presentou a súa renuncia. A corporación do Concello de Brión apoiou unánimamente, no pleno municipal de onte, as reivindicacións do colexio de Pedrouzos, que foron expostas tras a sesión plenaria por María Bragaña e Loito Penabade, representantes da ANPA Andaravía.

Bragaña e Penabade leron un comunicado explicando as deficiencias do colexio e denunciando que nin sequera se abriron os procedementos administrativos para facer as obras. O alcalde brionés, Xosé Luís García, aseguroulles que o seu goberno "comparte totalmente as vosas reivindicacións". E que "sabemos que dende a Xunta todo son boas palabras pero tamén comprobamos como ou arranxo do ascensor, que tan só custa 2.100 euros, segue sen facerse".

Os portavoces do PP e do BNG uníronse a este apoio. E Mercedes Gloria Vázquez, portavoz popular, ofreceu a súa colaboración "no que poidamos apoiar" e mesmo lles dixo que "se a Consellería non toma as medidas necesarias, o PP encabezará a manifestación que se convoque".

Doutra banda, no pleno deuse parte da dimisión da edil popular Mónica Pato "por motivos persoais". E, aínda que non se coñece aínda quen a sucederá porque varios integrantes da lista do PP renunciarán sucesivamente a incorporarse, onte si tomou posesión da súa acta de edil polo PP Saturnino Abate, quen substitúe á súa vez á exedil Mar Cobas Cajuso, que tamén renunciou en febreiro por motivos persoais. Coa dimisión de onte, tres do catro concelleiros elixidos nas pasadas eleccións municipais na candidatura do PP xa renunciaron a seguir na corporación do Concello de Brión.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion