Pais de Brión piden apoio político para reparar o colexio
[16/04/2014]
Un representante da Asociación de Nais e Pais Andaravía, do colexio de Brión, intervirá no debate plenario que se celebra no municipio para solicitar a todas as forzas políticas (PSOE, PP e BNG) que apoien a súa demanda de que a Xunta acometa no menor tempo posible obras no colexio para emendar os problemas derivados das filtracións do tellado.
Ademais deste asunto, o pleno estudará a proposta do goberno local de reclamar a devolución do céntimo sanitario.
Enlace a La Voz de Galicia