versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Feira de Brión achega aos visitantes a Uzbekistán

[09/04/2014]

Os brioneses poderán achegarse un pouco máis ao exótico destino de Uzbequistán o vindeiro sábado, cando arranque en Monte Balado unha nova edición da Feira de Brión. Alí, e entre as 11.00 e as 14.00 horas, os visitantes poderán degustar un dos pratos típicos do país asiático, como é o plov, comprar artesanía local, admirar fotos e tamén vídeos dos seus monumentos, ademais de coñecer un pouco máis dos seus costumes grazas a dous nativos desa exrepública soviética, Bekhzod e Uygunto. A edición de primavera 2014 da Feira de Brión celébrase o segundo e cuarto sábados de cada mes, e nela pódese atopar desde gastronomía até antigüidades ou artesanía. Así mesmo, está previsto sortear vales de compra.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion