versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta vai renovar o firme das vellas vías a Noia, á Estrada e a de Os Ánxeles

[05/04/2014]

A Consellería de Medio Ambiente acaba de licitar obras de fresado e renovación do firme da estrada AC 300, entre Os Ánxeles e A Picaraña (Brión); a AC 841, antiga estrada que une a capital galega coa Estrada, e a AC 543, de Compostela a Noia. Así mesmo, o investimento de 1.000.485 euros incluirá a mellora do pavimento na AC 230 (Montesalgueiro-Curtis); a AC 261, As Lamas-Ponche Sar; a AC 840 Betanzos-N 540 e a AC 934, de Friol ás Corredoiras. En canto ao alcance da reforma dos viarios de Terras, o de Brión estenderase desde o quilómetro 1 ao 7,2. Pola súa banda, a antiga estrada a Noia a través de Ames, Rois e Lousame, verá renovado o firme entre os quilómetros 21 a 31,6.

Finalmente, as comunicacións coa Estrada farán gala dun mellor asfalto entre os puntos quilométricos 8,4 e 11,7. Estas actuacións compleméntanse tamén coa reforma aprobada para a estrada AC 524, entre Ordes e Lanzá, e a AC 523, que une Culleredo con Meirama, por 600.000 euros. Desde o Executivo autonómico pensan investir "para conservación e seguridade viaria" 190 millóns.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion