versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A veciña de Brión Ana Souto acada un Premio Nacional de Educación

[04/04/2014]

Gañou na categoría de rendemento académico e quere ser traductora na UE. O instituto de Brión pode gabarse de ter entre as súas exalumnas a toda unha premio nacional de educación no ensino non universitario, a veciña de Os Ánxeles, hoxe residente en Vigo, Ana Souto Villanustre. Deste xeito, a xoven gañou na categoría de rendemento académico do alumnado, correspondente a Bacharelato 2012/13.

Ó fío, únicamente quince alumnos en todo o Estado acadaron o premio, entre os que Ana Souto obtivo o oitavo posto. Como todos os premiados, Souto recibirá un documento acreditativo da concesión do premio e mil euros. Pero este non é o primeiro galardón que recibe a veciña –hoxe xa é universitaria–, pois tamén acadou o Premio Extraordinario de Bacharelato, outorgado pola Consellería de Cultura. Rematou o Bacharelato con 9,9 de media e 9,79 na selectividade. Quere ser tradutora no Parlamento Europeo.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion