Entran en vigor os orzamentos de Brión tras superar a fase de alegacións
[03/04/2014]
Brión dispón desde onte de orzamentos municipais en vigor despois de que concluíse sen alegación algunha o prazo de exposición das contas e a correspondente publicación das mesmas no Boletín Oficial da Provincia (POP).
As cifras globais do orzamento supoñen un montante de ingresos e gastos que chega aos 4,8 millóns de euros. O goberno brionés resalta que as contas para este exercicio supoñen unha subida do 20,8 % da partida de investimentos reais e reducen un 33 % o gasto en amortización de préstamos. Ademais, supoñen unha subida do 8 % respecto ao exercicio do ano anterior.
Nas estimacións de ingresos consta un incremento de oito mil euros do imposto de construcións.
Enlace a La Voz de Galicia