versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Queremos un compromiso con datas para arranxar ou colexio

[02/04/2014]

Medio cento de nais e pais de alumnos do colexio de infantil e primaria de Brión, vinculados á ANPA Andaravía, participaron onte nun novo acto de protesta para reclamar á Consellería de Educación que dea prazos oficiais para asumir as obras de reparación que necesita o centro educativo, infestado de pingueiras e humidades derivados da deterioración do tellado do inmoble máis antigo, aos que tamén hai que engadir a inundación da caixa do ascensor, que está inutilizado e con risco de corrosión da estrutura debido á auga.

Baixo unha gran pancarta instalada á entrada do colexio brionés e co lema «Dignidade e respecto pola escola dos nosos fillos», membros da asociación de pais recoñecían o seu malestar polo que consideran un desplante da Consellería de Educación, departamento ao que acusan de dar longas e non pór datas ás obras para emendar os problemas do colexio. «O que queremos é un compromiso con datas oficiais para aranxar o colexio de Pedrouzos», argumentaban onte membros da directiva da asociación de pais, que reclama unha resposta oficial da Xunta antes de que termine esta semana. E todo apunta a que se non a reciben iniciarán novas protestas.

A concentración dos pais produciuse ás 9.45 horas, xusto no momento de entrada dos nenos ao colexio, no que conviven con pingueiras, teitos furados e manchas de humidades.

Os pais senten enganados pola Xunta porque en xaneiro informóuselles de que as obras que non requirían intervir no tellado do edificio poderíanse acometer pronto, pero ese pronto, insisten, nunca chega. Segundo a información que recompilaron, reparar o tellado do colexio, que ten máis de quince anos de antigüidade, pode ter un custo de sesenta mil euros, un importe que lle corresponde asumir á Consellería, que confirmou que si asumirá as obras, aínda que non dá datas concretas.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion