versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Educación asumirá a reparación do tellado do colexio de Brión

[29/03/2014]

A Consellería de Educación confirmou que asumirá os traballos de acondicionamento do colexio de infantil e primaria de Pedrouzos, que ten graves problemas de humidade.

Este departamento autonómico confirmou que as obras levarán a cabo en canto sexa posible, xa que é necesario substituír parte da cuberta do edificio, un tipo de traballo incompatible co desenvolvemento do curso escolar, afirman fontes de Educación.

Persoal técnico da consellería visitou onte o colexio para analizar o seu estado, confirmándose que a competencia para financialas corresponde á Xunta, xa que os concellos soamente poden executar nos colexios obras de mantemento e as carencias do centro de Pedrouzos son estruturais.

O anuncio deste investimento prodúcese un día despois de que un grupo de pais entregase no rexistro da Xunta unha caixa con restos de distintos materiais do colexio que evidencian os graves problemas de humidade e que afectan a boa parte do centro.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion