versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión cambiará o seu Plan Xeral, a fin de poder ubicar en Perros "outro" polígono.

[25/03/2014]

O BNG de Brión acaba de informar aos veciños da localidade de Perros sobre a intención do executivo local de retomar a dotación do chan empresarial no entorno. E a alcaldía, pola sua parte, confirma o dato, pero deixando claro que a necesaria modificación do PXOM “non afecta á zona onde se quixo facer esta zona comercial hai uns anos, xa que está protexida por unha sentenza da Xustiza”.

Así, dende o Concello recordan que no pleno ordinario de outubro de 2013 se “aprobou por unanimidade, no seu punto número 10” varias propostas, entre elas “a modificación do Plan Xeral á que fai referencia o BNG, cunha partida de 5.600 euros”. O rexidor, José Luis García, explica que esta modificación do PXOM non incluiría o entorno que movilizou no seu día a boa parte da parroquia de Os Ánxeles contra esta zona de uso comercial, e que propiciou un sonado fallo xudicial. Argumenta, ó fio, que “o Concello de Brión acata e cumpre, polo que non se vai facer nada nesa parte do monte”.

O alcalde brionés tamén aclara que “o que fixemos foi encargar un estudo na zona non afectada pola sentenza, xa que entendemos que a propia setenza establece, e así nolo fixo saber o xuíz, que hai zonas de Pérros que non están afectadas. Por iso encargamos o estudo”.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion