versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión esixe á Xunta a reparación do viario de acceso á autovía

[20/03/2014]

O mal estado de conservación do viario de acceso á autovía Santiago-Brión fixo que o Concello se dirixa á Xunta para pedirlle que proceda a reparalo. A vía enlaza o saída número 10 da autovía coa estrada AC-451 de Vos Ánxeles a Barreiros. Ambas son de titularidade autonómica.

No informe que acompaña a solicitude municipal sinálase que o estado de conservación da infraestrutura «evidencia unha mala xestión na súa conservación». Explica que no traxecto entre as dúas rotondas de acceso á AG-56 existe «unha considerable fendedura na capa de aglomerado de grandes dimensións que ten provocado diversas avarías de consideración e as consecuentes queixas e reclamacións diante do Concello de Brión».

Ademais, as dimensións das fochancas obrigan aos vehículos a invadir o sentido contrario, co consecuente risco para unha zona de elevada circulación de vehículos. A empresa de mantemento da autovía indicou que o viario de acceso á mesma non lle compete, e que a reparación lle corresponde á Xunta.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion