versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Santa Comba lidera un proxecto para o aforro enerxético

[20/03/2014]

O Concello de Santa Comba lidera un proxecto de eficiencia enerxética no que participan tamén outros concellos como o de Ames, A Baña, Brión, Val do Dubra e Mazaricos. O novo plan pretende realizar un investimento de 358.929 euros para a renovación da iluminación pública en todos estes municipios.

A iniciativa está recollida dentro dunha convocatoria por parte de Inega, polo que é cofinanciada con fondos Feder.

Neste caso, Santa Comba apostou pola conciliación comarcal e a unión territorial, impulsada pola Xunta de Galicia, e decidiu xuntarse con outros municipios, "por ser a fórmula máis vantaxosa para obter a máxima puntuación e ou maior respaldo orzamentario da administración, que premia estes proxectos comarcais", explican desde o concello xallés.

As actuacións que comprende este proxecto están orientadas a mellorar a eficiencia enerxética e, sobre todo, importantes aforros na factura eléctrica, "que se calculan en máis dun cincuenta por cento".

Estes municipios pretenden levar a cabo unha serie de traballos que consisten basicamente na colocación de novas luminarias, "que, ao ser licitadas de xeito conxunto pola agrupación de seis concellos, permitirán unha redución de custos dun dez por cento".

As previsións apuntan a que "as inversións serán amortizadas en 5,48 anos", sendo a vida útil do material duns 15. O alcalde, Antonio Landeira, valorou este proxecto "de xeito moi positivo, xa que está claro que xuntos seremos máis eficientes e conseguiremos un aforro moi importante nun dous temas que máis asfixia ás economías, como é a factura eléctrica".
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion