versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Arranca a segunda fase de InserAmes Brión con oitenta desempregados

[19/03/2014]

Impartiranse un total de 364 horas de cursos e prácticas entre marzo e maio. O programa integrado para o emprego InserAmes Brión arrancou coa súa segunda fase na que continúan participando os 80 desempregados que comezaron coa iniciativa no mes de novembro. Neste caso, entre marzo e maio impartiranse un total de dez cursos formativos, así como un módulo de prácticas profesionais. Levaranse a cabo un total de 364 horas de cursos formativos e prácticas en empresas. Cabe engadir que dende que se puxo en marcha o programa, un total de dezaseis persoas xa lograron a inserción laboral.

A formación estase impartindo no Centro de formación e emprego e no Centro de servizos múltiples, ambos situados en Ames, e tamén na aula Cemit do Concello de Brión.

A segunda fase incluirá un curso de inglés; un curso de informática sobre o programa Excel; un curso de informática básica; dous de técnicas de búsqueda de emprego; un de técnicas de comunicación; outro de prevención de riscos laborais; un curso de limpeza, tratamento e mantemento de solo, paredes e teitos en edificios e locais; un de técnicas e procedementos de limpeza con utilización de maquinaria e un curso de autoemprego.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion