versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O programa Inser logra emprego para dezaseis persoas

[18/03/2014]

Outros 38 participantes de Ames e Brión realizan prácticas en empresas. Na primeira fase do programa de inserción laboral Inser, que se desenvolve nos municipios de Ames e Brión, conseguiuse que 16 persoas das 80 que están a realizar cursos de formación na actualidade lograsen acceder a un posto de traballo. Outros 38 participantes están a realizar prácticas en empresas dos dous concellos e noutras da comarca compostelá.

Este plan de inserción está dirixido a mellorar a formación dos desempregados, co fin de que conten con máis ferramentas e habilidades para lograr saír das listas do paro. Nas accións participan menores de 30 anos desempregados e mulleres de baixa cualificación.

Unha vez concluída a primeira fase dos cursos, fontes municipais informaron o inicio da segunda fase, que incluirá novos cursos formativos. Entre as propostas están o curso de inglés de nivel medio, informática sobre o programa Excel e de nivel básico, cursos de técnicas de comunicación e procura de emprego e de riscos laborais.

Ademais impartiranse dous cursos de limpeza, tratamento e mantemento de chan, paredes e teitos en edificios e locais, e outro de técnicas e procedementos de limpeza con utilización de maquinaria. Os que participen nestes dous últimos cursos participarán nun módulo de prácticas profesionais de limpeza en empresas.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion