versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A potabilizadora de Ames e Brión estará terminada no primeiro trimestre do 2015

[15/03/2014]

A planta potabilizadora de auga que a Xunta constrúe para ampliar o servizo de subministración en Ames e Brión estará operativa no primeiro trimestre do próximo ano, segundo a estimación oficial de Agustín Hernández, titular deste departamento autonómico e que onte visitou os traballos acompañado polos alcaldes dos municipios beneficiarios, Santiago Amor (Ames) e Xosé Luís García (Brión).

A planta nacerá con capacidade de abastecemento para 42.000 habitantes, aínda que podería superar os cen mil.

A planta, cuxo orzamento rolda o oito millóns de euros, captará auga do Tambre mediante un sistema co que ambos os municipios se garanten un volume de auga potable acorde ás necesidades da súa poboación, algo que até o momento non se estaba producindo, o que xeraba importantes problemas de subministración sobre todo nos meses de verán.

O rexedor amiense destacou na súa visita a importancia desta obra para mellorar a calidade de vida dos amienses, e tamén quixo agradecer «a comprensión» dos veciños que tiveron que achegar terreos para construír a planta.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion