versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Fin dos cortes de auga na Maía en só un ano coa potabilizadora

[15/03/2014]

Tratará 175 litros do Tambre en Lens por segundo // Dará servizo a 40.000 brioneses e amienses // Ambos os concellos ven reducidas as súas cotas económicas. A subministración de auga potable non entende de cores políticas, e tanto o rexedor de Ames, Santiago Amor (PP), como o de Brión, José Luís García (PSOE), aplaudían as obras da potabilizadora que se constrúe en Lens e que, desde o primeiro trimestre do ano 2015, terminará para sempre coa seca en ambos os municipios. Desta forma, e cunha captación desde o Tambre que tratará 175 litros por segundo, está garantida a traída para os 40.000 veciños da Maía, aínda que está dimensionada para abastecer a 100.000.

Así, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, referíase ao espectacular crecemento amiense, un 50% nunha década, e a necesidade de garantir a traída, o que terminará coa dependencia doutros municipios e, mesmo, co abastecemento a través de cisternas que se vive nos veráns máis calorosos. O proxecto, segundo explicaban os técnicos, "inclúe doce quilómetros de tubaxe, xa instalados na súa totalidade, así como un depósito de regulación e de cabeceira de 10.000 metros cúbicos que se conectará por gravidade e subministrará auga cara os depósitos xa existentes en Brión e Ames", indicaban a pé dunha obra que comezaba cos desmontes fai xa ao redor dun mes, tras as pertinentes expropiacións aos aldeáns.

Hernández comunicou, así mesmo, que "cun investimento de máis de 8 millóns de euros, dos que a Xunta de Galicia achega ou 80 por cento, se garante o servizo de abastecemento á poboación dos dous concellos", incidindo tamén na rebaixa nas achegas municipais (que pasan do 10% do proxecto até situarse en 400.000 euros para Ames e 200.000 para a administración brionesa). Esta iniciativa inclúese no novo sistema de abastecemento "dentro do programa de colaboración técnico financeira que o Executivo autonómico ofrece aos municipios que dispoñen dun orzamento insuficiente para construír infraestruturas hidráulicas centradas na mellora dos servizos de abastecemento e saneamento aos seus cidadáns", caso dos dous concellos amaianos. A visita contou con Daniel Varela e Belén do Campo.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion