versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Desfile para implorar pola primavera

[27/02/2014]

Cunha boa dose de humor e moita imaxinación, os nenos e profesores da gardaría de Brión inauguraron as actividades de entroido. Os pequenos, de pouco máis dun ano, participaron nun peculiar desfile reivindicativo baixo a lema Primavera xa!. Os nenos ían adecuadamente ataviados cos disfraces que foron elaborados durante a pasada semana no centro polos pais e profesores e coa participación dos propios escolares. A orixinal protesta ante un inverno especialmente duro foi unha sorpresa para os pais, que sabían que a temática do desfile era a primavera, pero non esperaban a queixa dos pequenos que portaban pancartas reivindicativas. Para a xornada de hoxe estaba previsto un desfile ao aire libre, pero debido á previsión de choivas realizarase no patio cuberto da gardaría. O venres celebrarase, tamén no centro, unha gran festa de disfraces na que participarán tanto os nenos como os seus familiares. Só hai unha condición: que acudan disfrazados.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion