versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O PSOE de Brión aproba o orzamento co apoio do PP

[27/02/2014]

O rexedor recoñece que os danos do temporal condicionarán o gasto. O Concello de Brión aprobou onte os orzamentos municipais por un montante de 4,8 millóns de euros e cunha inusual votación, xa que o Partido Popular, principal partido da oposición, votou a favor da previsión de ingresos e gastos para o que queda de ano. O BNG, cun único representante, optou pola abstención.

O rexedor socialista, Xosé Luís García, resaltou que os orzamentos do municipio reflicten, por unha banda, a escasa capacidade de manobra local debido á crise económica e ao recorte de ingresos e, por outra, á lexislación estatal que impón, segundo denunciou o alcalde, férreos controis sobre a capacidade de xestión dos concellos.

Á hora de defender o orzamento, García justificó o incremento de gastos de persoal pola posta en marcha do Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES). Tamén recoñeceu un forte incremento na previsión de gasto por consumo enerxético e recalcou a introdución de novas partidas para facer fronte a gastos de tipo social, como axudas para a rehabilitación dunha vivenda afectada por un incendio e posibles gastos de financiamento de medicamentos a enfermos sen recursos.

Sobre os investimentos, o groso da partida destinarase a un plan de actuación en pistas do municipio, pero coa excepción, segundo argumentou García, de que os danos derivados dos últimos temporais obrigarán, previsiblemente, a modificar o uso de parte deses fondos. O Partido Popular apoiou o orzamento sen practicamente entrar no debate. A portavoz, Mar Cobas, limitouse a afirmar que non eran os orzamentos «mais desexables» pero si acordes coa situación actual.

Á súa vez, o nacionalista Xesús Pena justificó a súa abstención ao sinalar que as contas do executivo socialista pasaron de ser «uns orzamentos de resistencia a uns de trincheira» e reprochou que se axustaron de forma estrita aos recortes competenciais do Estado.

Tras a ratificación do orzamento, o pleno brionés ratificou por unanimidade a posta en marcha do sistema de administración electrónica e tamén a ordenanza que desenvolverá o seu funcionamento. Os grupos tamén aprobaron unha moción do BNG para garantir que ás familias sen recursos non lles corten a subministración enerxética.

As tres concelleiras populares abstéñense contra a lei do aborto

O BNG brionés incluíu na orde do día unha proposta contra a lei do aborto que promove o Goberno central e que incluía a posta en marcha no Concello dunha campaña informativa contra a normativa. A moción foi avalada polo grupo de goberno ao retirar o edil nacionalista o apartado relativo a esta campaña, por entender que o Concello informa suficientemente ás mulleres. Pola súa banda, o tres concelleiras do PP que asistiron ao debate optaron pola abstención. Con posterioridade, a portavoz popular, Mar Cobas, anunciou que presentaba a súa dimisión como edila por razóns persoais.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion