versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Martes, 21 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Adega concienciará con obradoiros na xestión de residuos

[26/02/2014]

O programa ‘O lixo desde o teu Concello’ volve á Mancomunidade Serra do Barbanza. A procura dunha veciñanza concienciada no tratamento do lixo é unha das premisas fundamentais polas que se desenvolven os programas de Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Con este motivo, dende 2004 levan a cabo o programa O lixo desde o teu Concello que engloba un conxunto de obradoiros con diversas temáticas pero centrados nos residuos.

Ames, Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Pontecesures, Porto do Son e Rois forman parte da planta da Mancomunidade Serra do Barbanza, na cal se xestionan a totalidade dos residuos destas vilas e participa neste programa de concienciación e educación ambiental de Adega.

A asociación de defensa ecolóxica explica dende as súas bases o problema ambiental que se xera coa xestión dos residuos alcanzando “o ámbito mundial e que se debe tratar dende o ámbito local”, explican. Ademais critican o sistema da planta de Sogama, da que dependen a maioría de Concellos de Galicia, definíndoo coma “un sistema obsoleto que promove un gasto excesivo de CO2 para o transporte do lixo ata a planta incineradora, así coma unhas altísimas taxas de contaminación debidas á queima de grande parte de materia orgánica e inorgánica que producimos”.

Ao mesmo tempo, Adega defende a xestión dos resiudos levada a cabo por mancomunidades coma a de Serra do Barbanza, localizada en Lousame, “que centralizan a xestión en pequenas plantas, promovendo a separación, a reciclaxe e a compostaxe”, ademais de “xerar emprego local”.

O programa de obradoiros que levarán a cabo nesta mancomunidade constan dunha parte teórica e outra práctica e ofrécense de maneira gratuita a centros de ensino, asociacións, concellos, casas da cultura.. das nove vilas que a forman. Os veciños que estean interesados en participar durante o 2014 deberán chamar ao teléfono 981 570 099 para recibir información ou a través do email lucia@adega.info.

Paralelamente aos obradoiros que se impartirán dende a asociación medioambiental a través da Mancomunidade Serra do Barbanza, tamén se ofertan visitas guiadas á planta de Lousame. Os interesados en participar nos percorridos deberán chamar ao número 981 191 240 ou enviar un correo electrónico a mldominguez@fcc.es
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion