versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O executivo brionés dará hoxe luz verde ás contas do ano por 4,8 millóns

[26/02/2014]

Aumentan os gastos de persoal, polos contratos do GES, e os de tipo corrente. O executivo de Brión, que preside o socialista Xosé Luís García, dará luz verde no pleno de hoxe (13.00 horas) aos orzamentos deste ano, que ascenden a 4.837.790 euros. Segundo explicaron fontes municipais, as contas víronse aumentadas nun 20,87 por cento con respecto ao pasado exercicio.

Os principais incrementos rexistráronse nos gastos de persoal, xa que se inclúen os derivados da contratación dos membros do GES, incrementando esta partida nun 10,5%. Os gastos correntes, á súa vez, tamén soben con respecto a 2013 un 9,88%, dados os incrementos nas tarifas.

As partidas para servizos sociais mantéñense con respecto ao pasado exercicio, aínda que se inclúe un incremento nas cantidades destinadas ao apartado denominado Axudas de Emerxencia.

Dentro do apartado de investimentos reais, máis da metade do orzamento destínase a arranxos e melloras en diversos viarios municipais e a actuacións en materia de servizos básicos. A maiores, prevense máis de 22.000 euros para a reparación do interior do polideportivo de Pedrouzos e outros 6.800 € que se investirán no centro social polivalente.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion