versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión cifra en 2.100 euros o custo das obras do ascensor do colexio

[25/02/2014]

O Concello de Brión elaborou un proxecto técnico para solucionar os problemas de humidade e filtracións que sofre o colexio de infantil e primaria de Pedrouzos na zona do ascensor, que está inutilizado.

Este informe, segundo avanzaba onte a Administración local, fixa o custo da reparación en 2.100 euros, cantidade á que hai que engadir o IVE, e estima que o prazo de execución das obras é de apenas dúas semanas.

O Concello brionés resalta que o tipo de intervención que hai que acometer no centro excede ás competencias e responsabilidades do Concello, que lembra que a Xunta se comprometeu a acometer durante a visita do delegado autonómico, polo que a Administración local espera que a autonómica «cumpra o antes posible os compromisos adquiridos coa comunidade educativa de Brión e mantén o seu ofrecemento de total colaboración».

Á espera de que se adopte unha solución, o Concello ten que baleirar case a diario o oco do ascensor porque entra gran cantidade de auga, xa que nun prazo de só dous ou tres días pódese encher até sobordar.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion