versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión promove a agricultura sustentable con varios cursos

[21/02/2014]

O Concello de Brión pechou o programa de actividades formativas para os próximos meses incorporando á súa oferta varios cursos de capacitación sobre agricultura sustentable. Para que se poidan levar a cabo terá que haber un mínimo de oito acodes interesadas, que sufragarán un custo de vinte euros.

O primeiro curso versará sobre como se planifica unha horta, o segundo xa abordará técnicas para elaborar un sementeiro e utilizar abonos, mentres que o último taller incidirá en formar sobre pragas e enfermidades. O horario de todos eles será vespertino.

Informática e danza
A oferta de actividades complétase con cursos de distintos programas de informática e de deseño gráfico. Talleres de dúas horas sobre uso de redes sociais intégranse nun programa formativo no que tamén está presente o baile, mediante un curso de danzas do mundo dirixido a animadores culturais. En todos os casos necesítanse un mínimo de participantes.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion