versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión debaterá a súa saída do grupo turístico compostelán

[07/02/2014]

O rexedor de Brión, o socialista José Luís García, ten previsto debater no pleno do próximo día 19 a súa proposta para abandonar o grupo de promoción turística Área de Santiago, ao entender que non se están cumprindo os obxectivos para os que se constituíu. O alcalde brionés cre que "para facer outro mapa e outra web dá zona non é preciso tanta montaxe e non ten sentido promocionar aínda máis Compostela cos cartos dos demais concellos". García indica que "a Xunta confirmou que non vai facer ningunha achega para os anos 2014 e 2015, polo que penso que debemos pensar ben os investimentos que se nos piden, pois estamos nunha crise económica onde os cartos están moi xustos e penso que podemos atopar un mellor destino para que ese investimento que se nos pide redunde realmente en beneficio dos veciños e veciñas de Brión". E aínda que desde este municipio amaiano celebraron no seu día a posta en marcha do grupo, polas oportunidades de promoción turística que inicialmente se estableceron, o rexedor critica agora que "non haxa unha determinación clara de cal é a área de Compostela, xa que no proxecto participan municipios que nada teñen que ver coa área compostelá e mesmo pertencen a outra provincia". Acaba José Luís García explicando que "Se a Xunta non vai entrar no proxecto e as cousas seguen polo mesmo camiño, non lle vemos vantaxes". 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion