versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Comezan as obras da potabilizadora para A Maía

[06/02/2014]

Aínda que impulsan Xunta, Ames e Brión en Lens, a súa capacidade é para 100.000 persoas. Podería ampliar servizo a Barcala. O Concello de Ames confirmaba onte o comezo de obras da planta potabilizadora (ETAP) que impulsa a Xunta, xunto aos concellos amiense e brionés, en Lens. A actuación, adxudicada á UTE Pontes e Calzadas Infraestruturas con Befesa Auga, suma 6.029.912 euros e o seu prazo máximo de execución é de 20 meses. En total, estará dimensionada para dar servizo a 96.500 persoas, captando desde o río Tambre, aínda que no futuro podería estender o seu servizo á comarca barcalesa.

Hai que lembrar que, dados os problemas para pór a disposición da Xunta os terreos ?ante a oposición dos propietarios?, o proxecto tivo que arrincar en 2011 coas obras da extensión da rede de entubados e, mesmo, chegáronse a barallar varios emprazamentos, que variaron, segundo o Concello por ?problemas técnicos?. A actuación, que xa anunciaba e daba por feita o Bipartito autonómico PSOE-BNG en 2008, pon así fin a seis anos de espera, tras apalabrarse a través de Fondos Feder da Unión Europea o financiamento do 70% do devandito proxecto (que saíu a licitación por máis de oito millóns de euros). Desde o Concello de Ames destacaban, ao fío, que os terreos se puxeron a disposición do Goberno autonómico a principios do presente ano 2014, e que agora debe de ser a Xunta de Galicia a que leve a bo porto o seu traballo.

IMPACTO

A potabilizadora de Lens contará cuns 10.000 metros cúbicos de capacidade, e levantarase preto do curso do río Tambre, nunha zona protexida por un monte onde non terá impacto aparente sobre a turística paraxe da Ponche Maceira, xa nas parroquias de Agrón (Ames) e Portor (Negreira). O proxecto chegaba tras as dificultades das administracións locais amaianas para fornecer aos seus veciños en época de seca, o que periodicamente obriga a levar a auga mediante camións cisterna a algúns núcleos, tanto de Brión como de Ames, cun serio déficit de acuíferos.

As CLAVES: CAPACIDADE

A ETAP contará cunha capacidade de tratamento de auga de 175 litros por segundo (l/s). En canto ás estacións de bombeo, instalaranse cinco, cada unha cun caudal de 350 l/s e unha altura de impulsión de 190 metros.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion