versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O temporal deixa casas illadas, árbores caídas e ríos desbordados

[05/02/2014]

Petra deixou na comarca compostelá unha infinidade de incidentes, aínda que ningún grave. O máis rechamante, que ao final quedou en nada, foi o risco de esborralle da galería dunha vivenda de Milladoiro. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) con sede en Brión recibiu o aviso previo, pero finalmente a súa intervención non foi necesaria ao disiparse o problema. Isto permitiu ao servizo dedicarse a outras emerxencias como a inundación de dúas vivendas na zona de Vos Ánxeles e a caída de árbores na zona alta de Brión, o que motivou o peche temporal de dous viarios.

Mentres tanto, o río Sar daba un susto aos veciños de Agro do Muíño ao desbordarse á altura de Ortoño aínda que sen provocar graves incidentes, xa que, como en temporais anteriores, a área urbana de Bertamiráns non sufriu ningún problema pese á elevada canle do Sar. O mesmo ocorreu co Tambre á altura de Sigüeiro, cuxo caudal, moi abundante, discorría dentro duns límites que a última hora de onte convidaban á tranquilidade.

Pola súa banda, o, o grupo de Emerxencias de Boqueixón tivo unha xornada intensa de traballo, sobre todo no momento de maiores precipitacións, entre o cinco e o seis da tarde, con caída de árbores en Lestedo, Ponche Ledesma e Sergude. Tamén a auga desbordada nalgúns puntos próximos a vivendas provocou a alarma de moitos veciños.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion