versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Pagos aos expropiados polas liñas eléctricas de Melide, A Baña e Brión

[04/02/2014]

As respectivas casas consistoriais serán marco, entre marzo e abril, deses abonos. A xefatura territorial da Consellería de Economía acaba de sinalar as datas para o pago dos prezos xustos e intereses que Unión Fenosa Distribición abonará pola expropiación e imposición de servidumes na extensión das liñas eléctricas de Melide, Brión e tamén da Baña.

Desta forma, os primeiros chamados (o xoves 13 de marzo ás 11.30 horas no consistorio de Melide) serán os afectados polo cableado Tabeira-Gondollín. No mesmo marco e o mesmo día, pero ás 10.30 horas, están chamados os veciños cuxas propiedades resultasen afectadas pola ampliación da liña en Barreiro de Abaixo.

Xa o martes 18 de marzo foron convocados na casa consistorial de Brión ás 12.00 horas os donos de predios polos que discorre o tendido Sanín-Buio-Souto-Piñeiro, mentres que o 1 de abril ás 11.30 horas, a casa consistorial da Baña será a sede onde Fenosa proceda aos pagos pola liña que vai por Francos e Reguenco. Desde a Administración autonómica advirten que cando os titulares de leiras sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, esta entenderase realizada aos efectos da Lei 30/92.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion