versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Martes, 21 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Pintei sensacións e emocións que tes cando fas o Camiño

[02/02/2014]

Hai máis de dúas décadas que Manuel Nietto fixo por primeira vez o Camiño de Santiago e aínda lembra as sensacións e emocións que lle causou. Precisamente iso é o que plasman os vinte e dous cadros acrílicos do compostelán que acolle a sala municipal de exposicións do Concello de Brión. A mostra, titulada As vivencias do Camiño, Caminalia, fai tamén unha homenaxe ao grupo de empresarios e santiagueses ?en cuxas filas se atopaba o artista? que percorreu a vía milenaria en 1993, co que máis tarde emprendería tamén outras rutas xacobeas.

Nietto representa entre a abstracción e o naturalismo distintas escenas, con cores planas e buscando miradas yuxtapuestas. «Aproveito a paisaxe e os monumentos para crear sensacións. Por exemplo, debuxo a Catedral e tras ela unha nebulosa negra con caras, que son as miradas dos que pasaron por alí antes», explica. A colección, que foi inaugurada polo alcalde de Brión e a concelleira de Cultura, continuará exposta até o día 19.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion