versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Nietto inaugura a súa exposición de pintura sobre o Camiño na casa de cultura de Brión

[30/01/2014]

A sala de exposicións da casa da cultura de Brión albergará a inauguración da mostra pictórica As vivencias do Camiño, Caminalia, do artista Manuel Neto García Nietto. Será mañá, ás 20.30 horas.

Segundo apuntaba o propio artista, Nietto, a exposición "toma as miñas andanzas no Camiño de Santiago como desculpa para recrear o traballo", destacando que "sempre quixen facer algo que tivese como fondo o camiño e todo ese trajín de miles de persoas que cos seus diferentes motivos e sentimentos que o enchen e fano máis importante día a día, que abordase todo ese mundo de sensacións, de penas, de alegrías, de fe, desesperanza, de aventura, de admiración" entre outros motivos.

Ao mesmo tempo, Nietto incide en que "non quero contar como se vai debullando quilómetro a quilómetro a Ruta; non pretendo unha secuencia de reproducións de monumentos importantes do Camiño como sempre se adoita facer", senón que a súa intención pasa por buscar "unha pequena colección de sentimentos, deses que se fosen quedando pegados ás pedras, aos camiños, ao frío, á angustia, ás alegrías, á esperanza. Deses sentimentos que contribúen a sustentar todos eses monumentos e esas ganas de seguir facéndoo", termina este creador plástico.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion