A feira de Brión acollerá un obradoiro de sushi
[22/01/2014]
A Feira de Brión celebrará este sábado unha nova edición, entre as 11.00 e as 14.00 horas na explanada e na planta baixa do centro comercial Monte Balado. A gran novidade será a celebración dun obradoiro de sushi. Terá lugar entre as 12.00 e as 13.30 horas, e a cota de inscrición é de 20 euros. Os interesados deberán inscribirse a través do email feiradebrion@gmail.com.
Enlace a El Correo Gallego