versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión licita a subministración de menús da gardaría por un prezo máximo de 3,08 euros

[17/01/2014]

O Concello de Brión convocou un concurso público para contratar a subministración dos menús da gardaría municipal por un prezo máximo, impostos incluídos, de 3,08 euros por servizo.

Segundo os cálculos do Concello que se recollen no prego do concurso, o servizo, que se contratará por dous anos, suporá un custo estimado de 62.000 euros tendo en conta ambas as anualidades e que o número habitual de usuarios do comedor da gardaría é de 42 nenos.

O Concello quere pechar este contrato en breve, polo que o prazo para a entrega de ofertas é de só oito días naturais, debendo as firmas interesadas presentar a súa proposta no consistorio.

A repartición de criterios para elixir a mellor oferta reserva un 50 % do baremo á proposta económica por menú. O resto repártese nun 10 % máximo para o programa de traballo e a metodoloxía empregada na execución do contrato. A achega de material complementario para desenvolver o servizo terá un valor máximo de quince sobre cen mentres que a relación de persoal adscrito ao servizo suporá un máximo de 25 puntos.

En canto ao estudo das diferentes ofertas económicas, o Concello brionés empregará o programa de valoración da Deputación.

O Concello resalta que o obxectivo último é «proporcionar aos alumnos unha comida de calidade, tanto desde ou aspecto nutricional como hixiénico e organoléptico» e atendendo ás necesidades de nenos con alerxias e intolerancias.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion